03 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
As xiras norteamericanas de The Beatles eran entolecedoras. O concerto no Shea Stadium foi un acontecemento non superado en moitos anos pola cantidade de espectadores que reuniu, 55.000 persoas, e porque foi o punto máis alto da beatlemanía. Na tarde de hoxe, o Centro Galego de Arte Contemporánea acolle un documental, The Beatles at Shea Stadium, con aqueles momentos. 20.30 horas. Entrada gratuíta.