«Parece que defender o galego é só cousa da pública»

La Voz

OURENSE

Representantes do ensino concertado que prefiren a discreción amosaron a súa mágoa por non se sentiren convidados. «Parece que defender o galego é só cousa da público», din, molestos porque legalmente non hai tempo para convocalos. A plataforma subliñou que hai «unha agresión histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática». Mañá, ás 09.30 horas sairán autobuses desde San Lázaro de Ourense e tamén de vilas como O Barco, O Carballiño ou Ribadavia. Insistiuse en que se conta con toda a comunidade educativa ourensá para loitar contra un decreto que non garante que os alumnos dominen o galego, porque é «unha proposta feita de costas á sociedade galega» que suporá enfrontamentos nos centros e consideran inviable impartir un terzo de materias en inglés. Din que o decreto vulnera as leis dos dereitos lingüísticos e atenta contra a dignidade cultural galega. Os directores de Secundaria de Ourense piden a retirada das bases do decreto da Xunta, o mesmo que pide a Federación Municipal de Anpas..