Rosalía conduce un camión de grande tonelaxe levando cargamentos de pizarra a toda Europa
29 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.Rosalía naceu en O Bolo hai 41 anos e dende hai catro traballa como camioneira levando pizarra a Francia, Bélxica ou Luxemburgo. É a única muller membro do colectivo Camioneiros Asociados de Valdeorras.
-¿Como se plantexou dedicarse a isto?
-Sempre me gustaron os camións. Eu creo que dixen que quería conducir un camión en canto empecei a falar, pero non era fácil entrar neste mundo e menos cun neno pequeno. Tiven un taxi, traballei nunha residencia da terceira idade, ata fun carniceira nun supermercado... Cando o rapaz foi un pouquiño maior plantexeimo en serio, pero aínda tiven que escoitalo algunhas veces preguntarme por qué non facía as cousas que facían as outras mamás, pero agora xa está acostumado.
-¿Foi complexo lograr que lle deran un posto?
-Ao principio sempre me dicían que non. Ninguén me daba traballo e topábame con moitas dificultades polo feito de ser muller. Non conseguía que me deran unha oportunidade para demostrar que podía facelo, ata que atopei a o empresario co que estou, Ulpiano Rodríguez. Deume un voto de confianza e aquí estou.
-Agora que o ve dende dentro ¿arrepíntese?
-Non. Hai que recoñecer que vivir na carreteira é duro, pero é o que sempre quixen. Cando digo que é duro refírome a que é duro para todos, homes e mulleres, aínda que para nós hai complicacións añadidas.
-¿Como cales?
-Por exemplo todos estamos fora da casa toda a semana, pero os homes cando volven teñen todo preparadiño, séntanse no sofá e teñen tempo para quedar cos amigos. Eu teño todo por facer: a limpeza da casa, as compras, preparar a roupa, comidas... E no traballo tamén é distinto porque a estrada non está adaptada as mulleres e para lavarte ou ir ao baño telo máis difícil. Eles se teñen ganas de ir ao baño e tópanse cunha área sen servizos, paran e xa está. E si lles apetece desnudarse de cintura para arriba e botarse auga por riba, tamén o fan e listo. Eu teño que buscar un aseo.
-¿Como se leva cos compañeiros de profesión?
-En xeral ben. A verdade e que con moitos coincides unha vez na vida nunha cafetería da gasolineira unhos minutos, así que tampouco se pode entender como cando falas de compañeiros noutras profesións, cos que convives a diario. De tódolos xeitos sempre hai xente machista que te mira coma si foras unha extraterrestre, pero cada vez menos. Non tiven grandes problemas, salvo con un alemán nunha área de Francia.
-¿Cal é a razón do cartel de «si tienes huevos, acércate gallina»?
-Foi un regalo das miñas irmás e o levo por iso, aínda que algúns compañeiros din que é unha provocación.