Fernández del Riego, Sabell, Manuel González e Carlos Casares lembraban a figura do creador

La Voz

OURENSE

30 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Na sesión da Real Academia Galega celebrada no instituto Otero Pedrayo participaban intelectuais e académicos como Domingo García Sabell, Xosé Filgueira Valverde, Francisco Fernández del Riego ou Salvador García Bodaño. O uso do idioma, os protagonistas das súas obras, a relación entre a obra e o autor e a importancia de coñecer ao creador para comprender mellor a obra foron algúns dos aspectos abordados nos discursos académicos. Francisco Fernández del Riego, García Sabell, Manuel González González e Carlos Casares foron os encargados de glosar a figura e a obra do escritor ourensán. Fernández del Riego fixo un discurso encol da presenza de Auria na obra do escritor.