O rexedor de Verín presentou onte o seu balance do primeiro ano de xestión, facendo fincapé na área da promoción e na posta en marcha de varias iniciativas para a obtención de fondos europeos, e que califica de «especialmente complexo» no eido económico.
-¿De qué aspecto está máis satisfeito?
-Estou especialmente contento coa xestión para reducri gastos e poder afrontar as débedas. Atopámonos con facturas pendientes dende o segundo semestre do 2004 que suman 968.000 euros, e que só no 2006 foron más de 600.000 euros. Eses son moitos cartos para un concello como éste e só había dúas opcións: ou arrisgarnos a que o concello acabase no xulgado ou afrontalo. Así que nos apretamos o cinturón incluso en gastos correntes, pero sin que os servizos aos cidadáns se resentisen, e contivemos o gasto de persoal limitando o tema das contratación e optimizando os recursos humanos que tiñamos.
-A oposición fai unha lectura ben distinta e acúsao de vender fume
-Sí, o dicen incluso do proxecto da Eurocidade, que a nós nos ten moi ilusionados porque coa situación económica que nos deixaron a única opción para o concello é buscar financiamento en fondos europeos, e en concreto neste tema presentamos, conxuntamente con Chaves, proxectos a Bruselas por seis millóns de euros.
-¿En qué situación está a normativa urbanística?
-É outras das cousas que critica a oposición, pero fixemos o prometido, que era aprobar unha normativa transitoria antes de decembro do 2007. O problema é que dende o 27 dese mes estamos pendientes de que a Xunta nos de unha cita. O outro compromiso era elaborar o novo documento do PXOM, que se fixo e se remitiu o 24 de xunio á Política Territorial. Os que ahora critican, tiveron tres anos para facer esto mismo, pero votáronse os trastos á cabeza e romperon o tripartito.
-¿Cómo condiciona ese retraso o desenvolvemento do municipio?
-Penso que xa foi un tema que preocupou máis do que preocupa. Quero decir con esto que a situación de parón da construcción e a crise a nivel nacional non propicia que nestes momentos haxa interés no sector por facer novas obras, porque o que tentan e vender o que xa teñen.
-¿Esperaba unha oposición tan crítica?
-Sorprendeme a actuación de algún deles, sobre todo do PSOE que pensei que sería máis inteligente e faría outro tipo de traballo. Criticar por criticar, falseando a realidade non sirve para nada, porque os cidadáns danse conta quen fai e quen non, e só hai que ver o respaldo nas urnas que ten cada un. Pero o que máis me molesta é que lle poñan zancadillas ao concello en instancias superiores, porque eso é perxudicar aos veciños.