«A imaxe de modernidade que soubo transmitir o PP non se corresponde á realidade, é falsa»

La Voz

OURENSE

25 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Rodríguez ten claro o mellor do ano, e cando se lle pide un apunte refírese sen pensalo ao cambio de trazado do AVE.

-É unha decisión importantísima, cunha gran trascendencia para o futuro.

-Cómo foron estos primeros meses de traballo?

-Tivemos que adicar moitas enerxías a desmontar o campo de minas que nos deixara o PP. Había unha desfeita.

-Da última etapa?

-Non. Do conxunto dos doce anos. A imaxe de modernidade que transmitiu o PP non se corresponde á realidade. Unha cidade moderna, por exemplo, non pode ter un saneamiento como o de Ourense.

-A política de persoal volve ser conflictiva...

-Temos por diante resolver a dimisión do xerente e o axuste da plantilla ás necesidades reais. Está descompensada. Outra cousa é e a confrontación dun grupo que noutro tempo gozou de privilexios.