Na xestión parece máis un primeiro que un segundo, ten clara a posición: -Quen manda é o alcalde e punto. Pero tamén digo que o BNG é o motor para cambiar o ritmo da cidade. -Reeditan o cliché de poder Touriño-Quintana. -Creo que non. En Ourense hai, por desgraza, segmentos do PSOE (e non digo o alcalde nin o grupo municipal), que teñen unha desmesurada voracidade. Cren que o panorama político pode ser un panorama a dous. Intentar laminar a quen é o teu socio é moi mala política porque aquí está claro que o panorama é a tres. En Galiza e en Ourense. Hai que colaborar dende esa realidade. -¿Como ve as eleccións? -Creo que hai unha situación propicia para nós. Por moito que se empeñen PP e PSOE isto non vai a ser unha cousa a dúas. Temos un excelente candidato e unha pelexa moi pechada por un escano. -¿Quiniela? -2 PP; 1 BNG; 1 PSOE.