«Os músicos en Ourense temos que emigrar»

OURENSE

O ourensán sacou a venda o cedé do seu concerto como primeiro titulado en música tradicional de España

30 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Hai ó redor dun año que o ourensán Xosé Luis Miguélez converteuse no primeiro en terminar os estudos de música tradicional galega de toda España. Nesa ocasión tivo que ofrecer un concerto fin de carreira que agora aparece nun cedé titulado Esperanza da man da editorial Dos Acordes.

-Este disco é o número 15 pero o primeiro co meu nome e entón é un pouco máis especial que o resto. Ter sorte de ser o primeiro en acabar tivo bastante repercusión mediática e publicidade extra. Está a funcionar bastante ben a nivel de vendas e estou contento.

-¿Que distingue este disco aos anteriores?

-Creo que é o primeiro disco que se fai dun gaiteiro solista tocando música de compositores para gaita galega, creo que non existe un traballo anterior dese tipo e que é importante por iso. Pretendín tocar un repertorio novo para o instrumento, non afastado da música tradicional, pero cunha nova perspectiva musical dentro do instrumento. Hai composicións para gaita e piano, instrumentacións diferentes e niso é un disco novedoso. Ademais do que supón gravar un disco en directo. Os traballos que fixen ata o de agora estaban máis enfocados ao folk. Esto é diferente.

-¿O disco supón o peche dunha etapa musical?

-Eu cando gravei pensei que era o peche dunha etapa pero agora me dou conta que é o comezo de outra. O título vai por alí. Dende hai catro años alterno traballos dentro do jazz. Pero non queiro deixar a música tradicional porque é a que levo traballando dende neno, me adico profesional a ela e agora o repertorio para gaita está crecendo moito.

-¿Que é «Esperanza»?

-O traballo está adicado a miña nai que morreu hai uns anos e chamábase así. Tamén os ser o primeiro con título superior de música tradicional é bastante esperanzador par os que nos adicamos a isto e é esperanzador para a gaita.

-¿Non pensa na fusión dos dous estilos?

-Estiven en proxectos deste tipo con Alberto Conde. Claro que me gustaría facelo o que pasa é que creo que necesito algo máis de madurez musical para poder facelo, quizais a dous anos vista.

-Unha vida profesionalmente moi movida.

-Dou clases de música tradicional no conservatorio de Vigo e ademais diso son músico de jazz e toco por ahí. Terminei os estudos en Oporto e agora estou pensando en ir a vivir a Londres para facer un posgrado en jazz. Agora vivo en Vigo, dende hai sete anos. Os músico en Ourense temos que emigrar. Está complicado.

-¿Cal cree que é o consumidor da súa música?

-Non ten a mesma capacidade comercial do folk pero ten unha aceptación bastante boa. Á xente do mundo da gaita, que por sorte é moita no solo en Galicia senón no exterior, e ao público en xeral interesado nun repertorio de música culta para gaita galega alonxada da que es máis popular.

-¿Como vive no mundo da música un gaiteiro?

-Ser o primeiro en rematar os estudios axudoume moito. Seguramente se alguén lle propón un proxecto coma este nunha editorial lle de coas portas na narices. Eu tiven a sorte de ter un impulso extra. Supoño que é moi difícil para un gaiteiro facer un disco de gaita sola.