«O alcalde aínda non merece o soldo que gaña»

A. N.

OURENSE

O PP busca o seu sitio na oposición e anuncia un control riguroso da xestión do PSOE e BNG

22 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Deitarse sendo alcalde e levantarse ao día siguiente estando na oposición non é doado. Así o recoñece o portavoz da oposición, aínda cos tics dun cargo que xa non ten.

-¿Está sendo dura a estadía na oposición logo de doce anos gobernando?

-Está claro que non é fácil porque nin eu nin o partido pensabamos perder o goberno, pero a grandeza da democracia e así e ahi que asumilo con toda naturalidade, pero sin esquecer que Ourense ten un alcalde que ten moitos menos votos dos que tivo o PP.

-Pero fáltalle a vostede encontrar un espazo do que nunca tivo referencias directas.

-Eu aínda teño mentalidade de goberno, porque sempre fixen cousas e ilusionábame desenvolver proxectos para a cidade. É lóxico entonces que se pense en clave de acción máis que de control ou de fiscalización do que fan os outros.

-¿Pensa que os cidadáns entenden o silencio da oposición?

-Entendo que si porque eu sempre dixen que ía respectar os cen días de cortesía e polo tanto cumpro a miña palabra porque dende a oposición tamén hai que ter elegancia nos comportamentos, que non son incompatibles coa discrepancia política. Unicamente saín á prensa a desmentir as mentiras do alcalde Francisco Rodríguez, que tentou agachar a súa incapacidade votándolle as culpas aos que estivemos antes gobernando.

-Hai quen di que vostedes están tranquilos porque o goberno faise oposición a si mesmo.

-Esa é unha mensaxe que cada vez ten máis xente na rúa. Está claro que non se entenden porque protagonizan enfrontamentos diarios. Son dous partidos que non se parecen en nada, que teñen programas diferentes, personalidades contrapostas e é lóxico que non se entendan. Iso é moi preocupante para o conxunto dos cidadáns que non se merecen ser os sufridores das súas liortas.

-¿Ata onde está disposto a pactar co goberno?

-Aprobamos no último pleno o plan termal entre outras cousas porque o fixemos nós, como tamén apoiaremos os aparcadoiros da Ponte porque nós fixemos o estudio de viabilidade. O PP estará sempre a favor daqueles proxectos que que van en beneficio da cidade, porque queremos facer un papel distinto ao que fixo o PSOE e o BNG ata hai pouco.

-Bueno, pero algo estarán facendo ben nestes cen días.

-Estamos esperando ver o que son capaces de facer porque de momento o único que sabemos e que incrementaron os gastos. Agora manter un goberno de dous partidos suponlle aos cidadáns case 300.000 euros máis ó ano, que son palabras maiores. Un goberno non pode chegar dicindo que non hai cartos e que o alcalde se poña un soldo coma o que ten. De momento Francisco Rodríguez aínda non xustificou os 72.000 euros que gaña e non sei cando ten pensado xustificalos, porque Ourense non o percibe.

-¿Por que cre que Urbanismo é motivo de fricción no bipartito?

-Porque a concelleira Áurea Soto pensa que o sabe todo, carece de humildade e prudencia. Foi quen de dicir que o plan de urbanismo estaba cheo de ilegalidades e a xustiza di que non. Parece que os xuíces saben menos ca ela.