Poly inaugura a oposición

OURENSE

SANTI M. AMIL

Crónica | Primeira comparecencia do grupo municipal do PP O ex alcalde de Ourense desautoriza a Sánchez Vidal polas críticas do Urban e lamenta o descoñecemento do edil de Medio Ambiente sobre a depuradora de Reza

09 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? PP de Ourense inaugurou onte a súa nova etapa como oposición municipal. Enrique Nóvoa comparecía en rolda de prensa xunto ós concelleiros Pepe Araújo e Rodríguez Nóvoa para exercer o seu novo cometido: o de portavoz da oposición. Nóvoa, que estará nas comisións de Urbanismo e Plenos, precisou que a intención do seu grupo é a de conceder os 100 días de cortesía ó novo goberno, mais salientou que a comparecencia tiña como obxectivo rebatir algunhas acusacións e posicionamentos erróneos que levan feito os socios de goberno recentemente. Consecuencia do BIC Nóvoa rexeitou as críticas «do segundo alcalde» ó desenvolvemento do plan Urban e asegurou que o programa se estaba a desenvolver con absoluta normalidade e os investimentos quedaron programados «co cal só son falacias, mentiras e unha auténtica cobardía política decir que se perdeu diñeiro». O portavoz do PP precisou que moitos dos investimentos incluidos no Urban houbo que cambialos «e incluir outras actuacións porque se perxudicou estas iniciativas co BIC das Burgas» e púxose como exemplo que non se pudo investir máis dun millón de euros no proxecto de César Portela a pesar de contar con tódalas autorizacións. Javier Nóvoa, responsable do plan co PP, acusou a Sánchez Vidal de terxiversar a situación «ó facer referencia ós 400.000 euros que estaban certificados en xaneiro, en lugar de facelos na actualidade». Entre outros aspectos sinalou que o mobiliario e a dotación informática do centro de iniciativas do casco histórico «xa vai a 300.000 euros, como os 100.000 euros por mes do gasto corrente. O señor Alexandre Sánchez Vidal debe ser máis serio e máis prudente e non facer de Paco el Medallas». Dous alcaldes Enrique Nóvoa lamentou a falta de coñecemento do edil de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, á hora de facer xuizos de valor sobre a depuradora. Lembrou que esta «foi un problema herdado polo PP, xa que foi construida en tempos de Veiga Pombo polo Goberno bipartito da Xunta, e tivemos que investir máis de 300 millóns de pesetas en medidas correctoras», ó tempo que lembrou que hai 9 propostas para unha ubicación alternativa. O portavoz do PP, que dixo con sorna que se agora falta espazo no concello é porque hai dous alcaldes e dous gobernos, criticou o «espectáculo lamentable» de PSOE e BNG sobre o PXOM.