A igrexa de Santiago, centro senlleiro, precisa ser restaurada

La Voz

OURENSE

Os Amigos do Couto Mixto pediron a través do seu presidente que se afronte a restauración da igrexa de Santiago de Rubiás, polo que representa como edificio senlleiro, centro do goberno do Couto Mixto. Merece unha mellora polos sentimentos e forza que agochan as súas pedras. Ten varios retablos barrocos que non son calquera cousa e, na sancristía, xusto detrás da cabeceira, entre a cal consérvanse pinturas murais nese espazo que é a antiga capela románica. Pinturas seguramente manieristas, do século XVI, que están por orixinar unha sorpresa nos investigadores. Adivíñanse figuras humanas, motivos de perspectiva pero polo de agora a cal impide ver máis. O arco de acceso á sancristía é a entrada orixinal da capeliña medieval. No intradous vese un conxunto de estrelas. Fai falta intervir con agarimo.