O alcalde socialista, no seu discurso, evitou citar ós seus socios de goberno e non tivo ningún xesto para Sánchez Vidal ni para o BNG. -Non sei porque fixo isto. No PSOE ó millor teñen algún tipo de problema respecto ó resultado da negociación. Esto non é bó. O BNG actuou cunha xenerosidade e unha altura de miras enorme. Antes de que se negociara nada comprometimos os nosos votos a favor do PSOE a cambio de nada. Iso tiña que ter unha correspondencia ca misma misma responsabilidade. Salvado iste momento, teño que dicir que con Paco Rodríguez teño unha boa sintonía, un bó trato personal e que teñan tranquilidade os cidadáns que isto vai funcionar. -¿Non lle sorprenderá ós cidadáns que Paco Rodríguez piropee o PP e non se lembre do seu socio o BNG? -Creo que é moi positivo que teña esa actitude de cara ó PP. O que non é tan positivo é que nona teña cos seus socios de goberno porque me parece que non responde á nosa xenerosidade. Pode ser producto de problemas internos do PSOE pero, dende logo, no BNG calquera cuestión interna nunca vai supoñer que non tratemos con respecto ás outras forzas políticas. -Este detalle de non excesiva xenerosidade, un pouco cicateiro, quero pensar que non vai deixar de ser un detalle. Confío neste goberno e, como líder da mitade do goberno de Ourense, aseguro que isto vai funcionar ben porque o BNG vai actuar con xenerosidade. Ó actual alcalde de Ourense o votamos con convencimento. Vamos a extremar a xenerosidade para que o outro socio comprenda que temos que ter unha actitude de abrazo e de apertura de cara o outro. -Cumpliu a promesa de apoiar o PSOE independentemente das negociacións de Santiago. -Díxeno antes de que houbera ningún pacto a nivel galego. O BNG iba votar ó candidato socialista que era quen tiña que encabezar ese cambio porque os votos dos cidadáns son absolutamente definitorios. Para mín, o poder polo poder non ten ningún senso. -¿Qué lle diría á quen pensa que non debe gobernar o que tivo menos votos? -O que temos que asimilar é a democracia como tal. Ten unhas regras e nonas podemos romper. Os alcaldes non se elixen de xeito directo senón dacordo coas maiorías de cada grupo político. Os dous grupos municipais que sustentamos este goberno sumamos máis votos que o PP polo tanto non só ten a lexitimidade senón a obriga de gobernar.