Crónica | Análise do audiovisual galego A animación audiovisual que se fai en Galicia é unha industria emerxente que precisa profesionais formados, como dixeron onte Chelo Loureiro e David Rubín
15 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?o curso que se está a desenvolver na Facultade de de Dereito de Ourense interviron onte dous profesionais da animación, Chelo Loureiro, productora executiva de Continental Animación e David Rubín, autor de cómics e co director do Espíritu do Bosque , de Nigra Films. «Nós temos unha vocación internacional, de máis calidade, cecais para un público minoritario», sinalou Loureiro que ó mesmo tempo di que o mundo da animación galega está comezando tendo en conta que non hai tradición desta industria. «Fai falta formar profesionais e ter experiencia». David Rubín sinalou que a pesares das películas que se fan «hai que ter os pés na terra porque temos unha industria en panais». Recordou que hoxe non chega con empregar ordenadores en 3D se quen os manexa non ten formación artística. «O sector é puxante en Galicia, hai moitas propostas ben diferenciadas» grazas, dixo, a empresas como Nigra e Continental. Hoxe falará Manuel González, da Axencia Audiovisual Galega.