Por facer «A Xunta paralizou as obras programadas para Xinzo» Errores

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Entrevista | Isaac Vila Rodríguez ALCALDE DE XINZO DE LIMIA E CANDIDATO DO PP O rexidor di que está tan afeito á vida política que «é o que máis me atrae»

11 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?saac Vila non se rinde e fíxase como meta conseguir materializar os proxectos que tiña previsto para a vila e que foron aprazados polo Goberno autonómico. O candidato do PP á alcaldía de Xinzo de Limia non desiste: «Seguirei insistindo para conseguir o auditorio, tamén loitaremos para conseguir a construcción dun pabellón de exposicións, as instalacións para o distrito forestal, o novo edificio para potenciar o Instituto do Campo e un proxecto que para min é vital máis que sigue marxinado: crear un paseo fluvial para aproveitar un dos poucos cauces fluviais de Galicia que ten a condición de internacional, porque o río Limia desemboca en Portugal». Outra das iniciativas que se marcará como prioritaria é a posta en marcha da escola infantil. Segundo Vila «nós acollémonos desde o primeiro momento ó Consorcio de Servizos Sociais, máis as 22 prazas de gardería que temos son as mesmas de antes, xa que na nova escola infantil temos 84 prazas pero non nola deixan abrir». Tamén apostará nos vindeiros catro anos, segundo as iniciativas que baralla o candidato, por potenciar máis «o Barrio Vello, donde xa se fixeron varias intervencións e se puxo a oficina de turismo». Isaac Vila asume que «os espazos verdes son a nosa asignatura pendente. Temos zonas moi boas para esparcimento dos veciños da vila, para pasear, para xogar os nenos...máis non fomos quen nestes anos de telas nas condicións que se merecían e cos coidados de xardineiría precisos. Algo estamos facendo desde hai tempo pero hai que facer moito máis». ?saac Vila afrontaba nas pasadas municipais a súa particular reválida: a de presentarse ás eleccións logo de superar a inhabilitación para desempeñar cargos públicos. -¿Como asumiu o reto de presentarse de novo para optar á alcaldía que xa ostentara no pasado? -Tiña que voltar, era o reto da miña vida. Volvín porque me sentín inxustamente tratado; acatei, aínda que nunca estiven de acordo, a sentenza que me inhabilitaba mais o tempo diume a razón porque logo non se actuou igual en casos similares, ós que non se lle diu maior transcendencia. -¿Como foi o regreso? -Tiña que someterme ó exame dos meus veciños e do meu partido e creo que mellor non puiden sair: recuperei a alcaldía de Xinzo con maioría absoluta e no meu partido accedín á praza de senador do Estado. Daquela coido que superei esa asignatura pendente. -¿Por que recunca? -Estou tan afeito á vida política que teño que recoñecer que, agora que xa estou liberado doutras responsabilidades, é o que máis me atrae. O poder facer algo polos demais, o resolver problemas e conseguir cousas para os veciños e para o pobo é o que máis me motiva actualmente. -¿Que salientaría destes catro anos de goberno que agora rematan? -Como proxecto importante para min é de especial relevancia o parque comarcal de bombeiros, xa que son da opinión de que para unha zona coma esta é básico e primordial. A construcción das novas piscinas, aínda que quedan traballos por facer, ou os máis de 200 quilómetros de pistas e viales de comunicacións na zona rural, a ampliación da casa do concello ou a recuperación do Barrio Vello son algunhas das actuacións destes anos. -As relacións coa Xunta non son boas no seu caso. -Nós tiñamos un proxecto estrela para Xinzo que era o edificio multifuncional: estaba elaborado, redactado, aprobado e presupostado en 6 millóns de euros. Cando chegaron os actuais responsables da Xunta paralizárono e non sabemos nada del. O mesmo pasou coa mellora da Avenida de Portugal, co paseo fluvial, coa gardería infantil -agora transformada en galescola pero que non se da posto en marcha- e con moitas outras cousas. A Xunta paralizou as obras programadas para Xinzo. Por iso temos un contencioso. -Quedar ás portas de ter catro concelleiros máis é unha falcatruada. -Temos máis de 12.000 veciños, pero a presión dos concellos da zona fai que sigan alí censados, por iso non superamos os 10.000.