ANACOS | O |
02 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.OS premios Losada Diéguez teñen ventaxas e inconvintes como todos os certames. A ventaxa, como dixo algún galardoado, é que non te presentas -polo xeral faino a editorial ó ser para obras xa pubricadas- e iso fai que moitas veces non te enteras ata que cho dan. E o inconvinte é que non poden optar ós premios obras xa premiadas. Este apartado das bases púxose no seu día para evitar coincidencias de premios nunha mesma obra e para dar oportunidades a obras, e autores, non galardoados. O inconvinte é que, en moitas ocasións, deixa fóra a algunhas obras mestras e imprescindibles que xa acadaron galardóns no seu percorrido editorial antes de chegar ó Losada Diéguez. Iso pode derivar en situacións irregulares como a que se está a dar agora mesmo. O xurado dos premios Losada Diéguez decantouse este ano, no apartado de creación literaria, pola excelente Os libros arden mal, de Manuel Rivas. O problema é que esta obra xa tiña o premio da Asociación de Editores de Galicia e do gremio de Libreros Españoles. E agora que facemos?.