Análise
14 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?s socialistas ourensáns deixaron moi claro no acto de precampaña do auditorio que o centralismo remata por devorar ás franquicias políticas, agás que estas sexan euskaldunas ou catalanas que entón hai que terlles respeto e decir amén. Por máis que se erga a bandeira da memoria histórica e de figuras como a de Celso Montero -¿por que logo de case catro anos e antes dunhas eleccións?- a realidade é que o feitos falan por eles mesmos. E así pudemos ver como o auditorio estaba cheo de bandeiras do PSOE -¿xa morreu para sempre o PSdeG?-, eso sí mesturadas con algunhas galegas para darlle o toque referencial, e como todo se artellou arredor dunha figura, José Blanco, que nin se dignou a falar en galego por máis que alguien do auditorio llo pediu, que sempre empregou o rancio «Orense» e que, como corresponde a alguien que xoga noutro nivel e xa non se preocupa do que queda por abaixo, fixo un mitin deses que -coas contadas referencias ó Palacio de Congresos para respostar a Paco Rodríguez e a autovía a Lugo- lle pode valer para actuar en Girona, en Almendralejo ou en Soria: loa aos logros de ZP e caña a bromas sobre Rajoy. Demasiado previsible.