09 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.
A vicepresidenta do Parlamento abre unha nova vía de debate sobre a A-76. O BNG é consciente, como o somos todos, que a autovía vai pasar por Monforte -sexa ou non a mellor alternativa posible- e que a futura sede da Confederación Hidrográfica do Miño vai estar en Lugo. Iso si que é Blanco e en botella, por máis que non conveña confirmalo ata que pasen as municipais. No mesmo movemento de xaque queda empeñada a palabra do BNG e o seu creto: ¿serán quen os nacionalistas e o vicepresidente da Xunta de conseguir de Galicia e Madrid o reequilibrio territorial destas comarcas?.