Entrevista | Pablo Vázquez Caderno O presidente do grupo de usuarios de Linux en Ourense cree que alguna xente todavía ten medo das cousas novas en informática
02 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.?ablo Vázquez Caderno, presidente do Grupo de Usuarios de Linux de Ourense, ofreceu na xornada de onte no instituto monfortino da Pinguela unha demostración sobre o uso do software libre na que participaron outros membros da súa asociación. -Por agora é máis ben limitado, pero a Xunta está facendo un esforzo importante por difundilo en todos os ámbitos. Hai moito movemento asociativo a favor do software libre e todas as provincias galegas teñen unha asociación que aglutina aos usuarios. En Ourense estamos nós e en Lugo funciona a asociación Lucux. -¿Cal é o principal obstáculo para que se propague máis o seu uso? -Sobre todo obstaculiza o descoñecemento e o medo que ten algunha xente ás cousas novas en informática. É certo que antes era máis difícil instalar un sistema operativo aberto, como o GNU/Linux, pero hoxendía pode facelo case calquera que saiba utilizar minimamente un ordenador. Non hai que ser ningún especialista para instalar e para manexar estes sistemas. -¿Que vantaxes pode ofrecer aos usuarios particulares? -Por unha parte, a instalación pódese facer de forma gratuíta. Estes sistemas pódense descargar libremente de Internet, pódense copiar ou ata regalar... Non é que se poida, é que é precisamente iso o que se debe facer. E hai varios estudos que indican que estes sistemas son máis estables e seguros fronte aos virus informáticos. -¿E que pode gañar unha empresa utilizando estes sistemas? -Basicamente ofrécenlles máis legalidade, porque agora hai empresas que están a usar software privado de forma totalmente ilegal. O software libre pode usarse gratuitamente sen vulnerar ningunha lei. Estes sistemas, ademais, son moi fiables e robustos e poden utilizarse perfectamente en ámbitos profesionais. -¿Por que as asociacións como a súa divulgan estes sistemas sen ánimo de lucro? -Simplemente porque pensamos que está ben achegar á xente o software libre e porque é bo para a sociedade que estes sistemas se utilicen cada vez máis. Eu animo a todo o mundo a que os utilice.