«Sobrado é un pobo moi participativo»

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón O BARCO

OURENSE

ASCÓN

Entrevista | Marina González VOCEIRA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS AS PEDREIRAS, DE SOBRADO DE TRIVES

25 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? delegado en Ourense da Consellería de Cultura visitou esta semana Sobrado para iniciar o proceso de protección do conxunto monumental do pobo trivés. A Xunta dubida entre a figura de Ben Catalogado e a de BIC (Ben de Interese Cultural). Esta última é a que prefire a asociación de veciños As Pedreiras, impulsora do inicio do proceso. -¿Cantos socios son? -Case a totalidade dos veciños. É un pobo moi participativo. -¿Dedícanse en exclusiva á defensa do patrimonio do pobo? -Si, a asociación creouse para iso, para defender o patrimonio. Vimos o pobo tan abandonado que quixemos aportar o noso grao de area para ver se podemos facer algo polo pobo, vendo o abandono que sufría por parte das administracións. -¿Sempre existiu ese abandono institucional en Sobrado? -No Concello non lle prestaron nunca a atención debida a Sobrado. En canto á Xunta, a verdade é que este goberno merece todos os recoñecementos porque estanos atendendo moi ben e está respondendo ás nosas inquedanzas. Por sorte o xefe de Patrimonio coñece o pobo e dixo que lle interesaba. -¿Construíuse con tino en Sobrado? -Estanse recuperando bastantes vivendas respectando as normas urbanísticas. O que nos choca é que tamén se fan actuacións libres que non son controladas e iso é non nos parece axeitado. Eu penso que a xente non está suficientemente concienciada. -¿Que esperan do proceso de protección iniciado pola Xunta? -Gustaríanos que se fixera unha actuación integral de rúas, alumeado e sobre todo a igrexa, que é unha xoia. Nós creemos que o BIC e necesario para Sobrado, para o pobo enteiro. Así sería a forma de que se controlaran esas irregularidades das que falabamos e ademais se lle daría a atención que é debida o pobo.