Crónica | Restauración patrimonial en Celanova A igrexa da vila, que foi monacal, como calquer outro gran monumento, é un saco sen fondo. Nunca se acaba de trallar nela. Os restauradores actúan en catro retablos
25 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.Onte o templo era un formigueiro de traballadores da firma CBC de Tui. Estaban facendo a limpeza e retocando con detalle a estructura do retablo da Dolorosa, na nave lateral esquerda, entre otras accións. Tiveron que anclar o conxunto, enderezar a mesa de altar que leva, fixar pintura, ouro e tratar a madeira. Cando se mellorou o retablo do San Rosendo a mesa de altar del estaba toda comida polas termitas. O outro conxunto escultórico onde actúan é o de San Xoán Bautista, na mesma nave norte e o de Santa Catalina quedando o retablo do Ecce Homo. O orzamento total para estas actuacións na recuperación de pezas extraordinarias do patrimonio artístico desta igrexa celanovense é de 178.000 euros aportando a Xunta 148.000 euros e o resto, a partes iguais entre o Concello e o Bispado de Ourense. O traballo debera quedar rematado no vindeiro mes de maio mais é posible que non sexa así, polas moitas tarefas encomendadas dos empleados da empresa. O espazo interior do templo da vila, centro de peregrinación de San Rosendo é un dos máis espectaculares que o estilo barroco deixou no noroeste peninsular polo efecto que produce a súa grandeza pétrea encendida cos dourados dos conxuntos escultóricos talados nas madeiras.