A Consellería de Política Territorial pretende erradicar as fronteiras na súa rede de estradas e abrir Ourense ás outras provincias galegas e aos municipios veciños de Portugal e Léon. A intención do plan de permeabilidade posto en marcha pola consellería é a vertebración do territorio e a mellora das comunicacións das distintas rexións da comunidade. Romper coas barreiras interpostas entre as infraestruturas viarias das súas catro provincias facilitando, deste maneira, unha circulación máis fluída entre os concellos. Ourense mellora a súas comunicacións con Portugal e outras provincias limítrofes grazas á inversión decidida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte para o plan de permeabilidade. Entras actuacións que este departamento ten previsto levar a cabo na provincia destaca a mellora da estrada Ponte Liñares-Norte de Portugal. A inversión nesta vía será de 2,5 millóns de euros correspondentes á anualidade de 2007, ano en que está previsto que finalice a obra. En canto ao eixe entre a A-52 e a fronteira, que permitirá mellorar a actual N-540, as obras dividiranse en cinco treitos, algúns deles novos, cunha inversión de 97 millóns de euros. Por outra parte, o proxecto de adaptación ao plan de Baixa IMD da estrada OU-312 entre Lobios e a fronteira portuguesa contará cunha inversión de 1.116.962 euros e mellorará as conexións entre as vilas de Lobios e O Xéres, a través de Portela do Home. Outra iniciativa que permitirá mellorar as comunicacións co país luso é o acondicionamento da estrada OU-311. A consellería que dirixe María Xosé Caride destina a este traballo un orzamento de 3,5 millones de euros. Entrará en funcionamento de forma inminente.