«Espero poder levar a voz da mocidade que o PP tiña esquecida»

Marta Carballo OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

En dos minutos | Roberto Rodríguez González

18 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Roberto Rodríguez González será o novo concelleiro do BNG en Ourense sustituindo a María González Albert que renunciou nesta semana. O novo edil, que tomará posesión en outubro, ten 25 anos, é traballador social, responsable comarcal de Galiza Nova e membro dos organismos locais e comarcais do BNG. -¿Como afronta o seu novo cargo? -Ante todo con gañas de aprender porque son o máis novo. E tamén con moita ilusión. Xa cando é a confección das listas asumes unha responsabilidade, ainda que non pensas que chegará este momento. -É o seu primeiro cargo institucional e non vai ter moito tempo para adaptarse... -Non. A verdade e que afrontas esta situación con respeto porque é algo novo. De tódolos xeitos incorporareime ao grupo municipal antes incluso de tomar posesión para saber como funciona todo a nivel legal e administrativo e como é o traballo do grupo. -Incorpórase en plena etapa preelectoral ¿Como ve esta situación? -Supoño que a medida que vaia rematando o ano notarase máis tensión, sobre todo nos plenos. -¿Qué pode aportar vostede? -A nivel persoal ilusión, honradez e gañas de facelo ben. Tamén espero poder levar a voz da mocidade que o PP tiña esquecida. E por deformación profesional espero aportar ideas en Servicios Sociais e en todo o que me encomenden. -¿Ven para quedarse ou para pechar un ciclo? -Non se sabe. O único claro é que Alex é o candidato. Persoalmente si a militancia o decide me gustaría que esto fora unha primeira etapa de aprendizaxe para seguir, pero a decisión é da militancia.