BALCÓN DE MOREIRAS | O |
04 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.FALAR mal de Ourense e dos ourensáns é moneda corrente. Facelo contrario, chama, cecais, a atención. Un mozo ourensán, Marco Rocha, remata de facer -no programa da TVE España directo- dúas rutas importantes na nosa historia de sempre: o Camiño de Santiago e a Ruta do Cid: «¡Deus que bo vasalo si tivese bo Señor!». Marco Rocha estudou no Colexio Luis Acuña de A Carballeira. Foi un bo alumno e inda é mellor persoa, agradecida para os que lle ensinaron as materias primarias coas que se defender na vida. Logo Marco,adicouse ao xornalismo e fíxoo dende o eido taurino. Agora ten outra responsabilidade e percorre os camiños de España (perdón, do estado español) diante dos televidentes que seguen as súas andainas con interés e coa emoción de saber que é un mozo ourensán o que o fai. Eu, coma moitos ourensáns ben nacidos, gabámonos de que iste mozo, Marco Rochas, consega estas fazañas que son a admiración de moitos españois. ¡Bravo, Marco! E que non decaiga...