23 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
Con este luns cúmprense oito días de exaltación do teatro na capital do Ribeiro. A 22 edición da Mostra nunha vila na que non só o viño e a arquitectura son arte. En Ribadavia o teatro son palabras maiores no contexto galego. Hai por detrás de todo esto unha rica, longa e envexable historia co colectivo Abrente, que foi quen de reactivar o teatro galego levándoo polos vieiros da contemporaneidade. Algo irrepetible na historia do teatro galego. Esta tarde, ás 19.00 horas, no salón do Concello vanse entregar os premios da 22 Mostra Internacional de Teatro. Onte a valoración do xurado e a do público andaban moi parellas. A medianoite a Big Band Deputación de Ourense tocará na praza para recibir o día de Santiago.