O público emocionouse coa historia de inclusa proposta por Micomicón Cachivache bordou a noite cunha cinta de cine mudo de 1926 na praza Maior
20 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.A Mostra de Ribadavia é un punto de reunión para programadores de teatro que veñen de distintas comunidades españolas. É o caso de Teresa Cano, de Albacete, que tamén pertence á Comisión Artística de la Red de Teatros de Castilla La Mancha. «Es el segundo año que vengo y estoy encantada con el festival y con la villa. El programa me parece muy completo. Que venga Bassi, Los niños perdidos o El Florido Pensil supone una programación progresista, reivindicativa, en la línea de lo que tiene que ser una programación teatral», dixo. «Yo recomendaría El florido Pensil , Los niños perdidos o En el jardín y quiero ver algo de teatro gallego», sinalou esta profesional que xunto con outros catro compañeiros andan vendo para contratar e programar nas súas terras. Pasear por Ribadavia na tarde de onte era simpático porque moita xente falaba de «ir primeiro ó contendor...», pola consabida obra de La Invenció, unha das más impactantes. Os cativos riron a fartar con Teatro Paraíso e En el jardín , fermosa obra de imaxes, luces, vídeo, debuxos e sombras que atraeron a atención das criaturas de meses a tres anos reunidas na Casa da Cultura. Outra proposta acertada deste ano. A noite estivo reservada para a lembranza. Primeiro, con Los niños perdidos , unha historia de inclusa na que algún espectador viuse reflexado. Foi Micomicón quen a representou. Algún familiar de actores viviu nun centro de orfos. Laila Ripoll, directora, explicou que era unha asignatura pendente. Tras dun labor de investigación xornalística chea de testimonios saiu esta obra con parte escura e de luz, porque se desenvolve nun mundo de nenos, aqueles cativos das inclusas do franquismo. Foi unha visión de como se pode volver cotián o horror e sacarlle incluso humor. «Está siendo sorprendente ver que tras las funciones se nos acerca mucha gente, personas incluso de cuarenta y pocos años que se ven reflejados en la obra. No olvidemos que esos centros funcionaron hasta 1976», subliñou a directora. Programadores como Teresa Cano, que onte publicaron un manifesto en Castilla La Mancha a favor da liberdade de expresión pois alí está censurado Leo Bassi, advirten que a obra de mañá, Yo satán , aínda é máis crítica e irreverente, se cabe, que a do bufón italiano e máis pasou desapercibida noutras plazas. A noite rematou en Ribadavia cunha xoia, un delicatessen: Las aventuras del príncipe Achmed , proxección na praza Maior a cargo de Cachivache. Nunha pantalla xigante, pudose ver esta producción de Lotte Reiniger de 1926, unha obra que bebe na tradición oriental, co teatro das sombras chinesas ou na tradición literaria árabe que está plasmada en Las Mil y una noches , fundindo todo elo coa nosa cultura occidental. Cine mudo contado por un narrador nunha noite máxica desas das que Ribadavia sabe tanto e que engaiolan á xente cun mínimo de sensibilidade polas cousas ben feitas.