En dous minutos | Elixio Rodríguez
08 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?nxo Quintana visitaba o mércores Bande e ó seu carón estaba un dos referentes do nacionalismo: Elixio Rodríguez. Con 96 anos ás costas Elixio Rodríguez volve cada primavera a Bande desde o seu exilio e, tamén como cada ano, retornará en setembro para México. Logo de fuxir dúas veces da morte -en Celanova cando foi preso por republicano e no bando nacional antes de fuxir ó exilio nun avión- mantén a filosofía de que hai que disfrutar da vida por riba de todo. -¿Estará de novo o 25 de xullo en Compostela? -Cando estamos aquí -Gloria, a miña dona, e máis eu- aproveitamos para ir onde se fan este tipo de actos. Cando nos enteramos, porque o outro día lle diron a medalla Castelao a Pousa Antelo e non o soupemos senón estaría alí para rendirlle homenaxe como se merece. -E sigue fumando. -Sigo a fumar. Ós meus anos hai que vivir tranquilo: comer, pasear e facer algún viaxe a Portugal. Por Castro Leboreiro, por Braga...eu son medio lusitano. -¿Participará nos actos do Ano da Memoria? -Na grande homenaxe que se fará en octubro en Compostela non participarei porque daquela estamos en México. Xa se puxo en contacto conmigo o comisario da exposición, Xosé Enrique Acuña, e xa lle deixei material. Polo demais irei a calquera sitio donde o obxectivo sexa facer xustiza e recoñecer que nós defendimos a legalidade constitucional dunha República que saiu dunhas eleccións gañadas co voto cidadán, non imposta por ninguén, e que aceptaba o Estatuto de Galicia. Como nacionalista e republicano é o meu deber e a miña obriga para que iso non se esqueza.