Voltar a Manuel María

Ruth Nóvoa de Manuel
Ruth Nóvoa OURENSE

OURENSE

En directo | Homenaxe literario Distintas agrupacións ourensáns apostan por recuperar a obra do autor lucense polo seu significado e o seu compromiso

27 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

«Nun abril de lume e medo» decenas de ourensáns decidiron reunirse onte en torno á figura de Manuel María. Verbas, imaxes e música foron os fíos cos que coseron as lembrazas os que foron amigos e os que son admiradores dun «gran galego que sentiu o país», tal e como o definiron nunha homenaxe que, de paso, foi antoloxía dunha vida, dunha obra. Os organizadores do acto, que teñen intentado achegar a figura do autor lucense aos rapaces dos institutos da provincia, consideran fundamental un regreso a Manuel María e á súa obra que, segundo indicaron, serve para estudiar toda a historia da literatura galega. Xosé Lois González, O Carrabouxo, recordou como o autor lle axudou a crear a súa autoestima: «Cando a min me daba vergonza falar galego nos ambientes nos que non se falaba coñecino a el: que un home tan guapo, tan fino, tan elegante e tan culto falara da terra, das mismas cousas das que falaba eu, convenceume». Todos os asistentes poideron, ademais, asomarse ao albume fotográfico da vida de Manuel María, gracias a unha montaxe audiovisual. Mini e Mero, ex Fuxan os Ventos, amigos e cantadores das súas letras empregaron as guitarras para mover á lembranza, ás súas letras, ao seu compromiso.