Seguridade laboral

LUIS MARTÍNEZ-RISCO DAVIÑA

OURENSE

CALPURNIA | O |

10 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

A SEGURIDADE no traballo centrou as reivindicacións da CIG na xornada do 10 de marzo, xa institucionalmente recoñecida como día da clase obreira galega. Os dados sobre sinistrialidade e accidentes laborais son, cando menos, preocupantes. Precariedade laboral, prácticas rutinarias, relaxación nos controis, desinterese por aplicar e/ou facer cumplir a normativa vixente, son circunstancias que están da nosa mán para contribuír na diminución do malfado que sempre existe nos accidentes laborais e que, en non poucas ocasións, poden ter resultados irreversibeis. Todo investimento que se faga nesta liña, lonxe de ser un gasto, é unha correcta aplicación dos beneficios empresariais. Invertir as estátisticas na nosa provincia debería ser un reto para todos os axentes relacionados co emprego: administracións, empresarios e, por suposto, obreiros. A todos afecta e, consecuentemente, todos deberían chegar a un compromiso de obrigado cumplimento para tentar de pór fin a esta traxedia que afecta, ano tras ano, a numerosas familias de ourensáns.