Entrevista | Manuel Martínez Casal
09 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.A Banda de Música de Celanova vai dar un concerto pasado mañá, domingo, ás 20.00 horas no antigo Teatro García Barbón de Vigo, hoxe sala de concertos de Caixanova. Manuel Martínez Casal leva tres anos presidindo aos Amigos da Banda. -¿Que van facer nesa actuación? -En primeiro lugar decir que é un mérito orque alí non actúa calqueira. Os celanoveses que viven en Vigo consideraron que tiñamos méritos comopara tocar alí e propuxeron a actuacion a Caixanova, que aceptou. -Irán todos. -A banda ao completo. -¿Como se estructura ese concerto? -Terá dúas partes, unha a base de pezas clásicas, máis serias e dificultosas. Tocarán a Wagner, Borodín... A segunda será máis alegre e con aires galegos, incorporando a sección de gaitas. Todo elo dirixido por José Zaldo García. -Falar do grupo é falar da alma da vila. -Non se entende Celanova sen ela, como o mosteiro. Foise formando o pobo e a cultura gracias ao mosteiro. A banda ten máis de 150 anos e o pobo séntea con agarimo. -¿Cantos socios son vostedes? -Pasamos dos cincocentos. Todos son voluntarios. Pagan un mínimo de 10 euros mensuais. Eso é parte do soporte económico. Entre os socios, a colaboración municipal e outras axudas públicas mantense a banda. Nós somos a representación administrativa dela, os que tratamos de financiala e de que todo vaia ben. En tres anos gastamos máis de 50.000 euros en instrumental. -¿Que momento vive a banda? -Un moi bo. Superouse a crise de hai unhos anos e hoxe é unha das mellores de Galicia. -¿Que sente un celanovés cando vei desfilar aos seus músicos? -Un orgullo moi grande.