BALCÓN DE MOREIRAS | O |
13 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.VOUME a referir hoxe aos socios do bipartito que nos goberna na Galicia. A cousa non é de agora, pois xa cando o Consello de Forzas Políticas Galegas, os do MCG e os do Partido Carlista Galego, fumos tachados de españolistas por quenes hoxe manexan o Bloque. Esí pois, Pérez Touriño dilles aos do BNG, que «a endogamia e mailo sectarismo na política de nomeamentos chámase Bloque». E outro pesoista , Ismael Rego -nada que ver con Rego Nieto, por suposto- dille a Quintana que «non se empeñen en ser goberno e oposición á vez». Como se ve clarametne, cada quen vai polo seu lado. O Bloque Nacionalista Galego quere suprimir o día da Constitución como festividade, e nise tema quen esto escrebe non entra, máis ¿por qué o Día das Letras Galegas se deixa tamén de traballar, co caso que lle fai a paisanaxe? E, mentras, a provincia de Ourense sigue á espera da súa redención.