Isaac

LUIS MARTÍNEZ-RISCO DAVIÑA

OURENSE

CALPURNIA | O |

28 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

UNHA das características que adornan a Isaac Díaz Pardo é a xenerosidade no esforzo por facer país. O sabemos todos aqueles que asistimos en xuño a Trasalba para, dalgún xeito, render homaxe a don Ramón e á obra daqueles que viron como un golpe de estado truncaba traxicamente o desenvolvemento de Galiza. Educado nun determinado concepto de empresa, na que os dividendos tiñan un determinado sentido social e de compromiso coa Terra, supoño que non debeu aturar os obxectivos dun novo empresariado carente duns valores que algúns, ríndose, ridiculizarán como románticos. Mais que eu, sen rubor, considero modélicos e exemplarizantes. O Castro e Sargadelos, en vida do ditador, foron referentes no que significaba enlazar as novas propostas estéticas coa tradición plástica da preguerra. A calidade indiscutíbel das súas cerámicas, a constante innovación técnica e estética, a repercusión de beneficios en edicións do Castro para recuperar a memoria dos esquecidos. É tanto o que lle debemos que, días atrás, cando lin que vendía as súas accións, sentin dor.