DIARIO DE AURIA | O |
23 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.CONTO a miúdo a historia dun amiguete que tivo un encontro curioso cun cura dos de antes. Estaba na igrexa asistindo a un oficio. O párroco pronunciaba homilías emocionadas, vehementes, directas ao corazón. Unha tarde, con poucos clientes no templo, o cura estivo brillante. Os clientes todos choraban, ou case. Todos menos o meu amiguete. O cura, ao rematar a misa chamouno. Preguntoulle por que non chorara. O meu colega, ávido e lúcido, contestou: porque eu non son desta parroquia. O conto serve para iluminar a reflexión deste sábado sabadete, todo enardecido polo premio de Brasil de Fórmula 1. Os alonsomaníacos andan loquitos loquitos. Vén chegar o domingo e o campeonato de Fernando Alonso. Así, en Ourense, tamén o celebramos. Os do casco vello montan un guirigai para la cosa esta del Alonso e invítannos a compartir xuntos, a lo Juan Pardo, as glorias e victorias do asturiano. E que en Ourense somos así. Tan pronto montamos unha peña taurino a El Juli, como unha rúa a Pilar Miró, como un sarao para el Alonso. Eu non son desta parroquia. Incluso máis, creo que la cosa esta del Alonso é do máis chungo que ten acontecido aos mozalbetes desta provincia. Alonso é esforzo, entrega, disciplina, talento, y tal y tal. Pero Alonso é fundamentalmente velocidade. Velocidade en circuito, enlatada, pero velocidade. E os colegas do barrio ven que triunfa a velocidade e enróscanse arredor de Oira, ou da lonxa de Verín, ou do malecón do Barco, ou na circunvalación do Carballiño, y la montan. Motores feroces, marcas de rodas, carreritas y a ver quién le gana al más rápido. Non digo que Alonso sexa culpable de nada, parece un tipo sensato: es joven, millorario, y guapo, din na tele. Insensatos son os que fan da Fórmula 1 un paradigma. Os que entregan, a Alonso e á velocidade (y al pimpanpún del circo mediático del motor) o premio Príncipe de Asturias.