BALCÓN DE MOREIRAS | O |
16 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.TRANQUILIDADE de bós alimentos. En Guadalajara morren queimadas once personas xa que o lume voltouse contra elas. ¿Soio iso? En Roquetas de Mar un home vai pedir axuda á garda civil e sae cos pés por diante. Onte, os mozos (entre iles un noso veciño de Cudeiro) mortos en Afganistán. ¡Non dimite nin Dios e nin Dios dimite!, que dicía un vello amigo. O xefe de tráfico bótalle a culpa aos automovilistas por sair xuntos de vacacións. Batasuna (¿non era ilegal?), monta o número pola «paz» e Otegui, procesado, segue na rúa. Zapatero nin ren... Máis todo non van a ser penas. En Galicia todo é optimismo na nova Xunta. Cargo novo, coche á porta, conta corrente a medrar e Touriño dí que é galego e español. ¿Quintana tamén? Non o sei. Ou sí. Patxi Vázquez dalle ao pulpo cos seus e Suárez Canal dinos que a sociedade galega ten que axudar para que non haxa lume. Todos tranquilos que como cando chegara Franco a Galicia, cando había cólera, a súa Casa Civil dictou: «Cuando el Caudillo llega, no hay cólera». ¡Un paraíso!