BALCÓN DE MOREIRAS MANUEL REGO NIETO | O |
09 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.ESTOU encantado. Hai optimismo co novo goberno galego. Pérez Touriño, o carismático líder do PSOE en Galicia, promete un «galeguismo cívico e solidario -con maiúsculas, digo eu- e da ilustración, e do resurximento, e federalista». ¡Aí queda eso...! Pérez Touriño non é un Rubalcaba calquera. Educado, non malvado -alomenos polo de agora- faille guiños ao BNG. E tamén, como ourensán, estou intrigado con Alfredo Suárez Canal, ise alaricano da UPG. O home aposta por darlle pulo ao mundo agrogandeiro e forestal. Cando esto escribo dende o meu balcón de San Pedro de Moreiras, en Toén, vexo como o lume arrasa piñeiros e todo o que atopa. Dende este meu balcón, un día e máis outro, niste pobo pertiño de Ourense, estou a matinar que cada ano que pasa hai unha viña menos. Nin unha vaca. Nin os poucos xóvenes de aquí queren dedicarse ás tarefas do campo. ¿Algún haberá que saiba facer un inxerte? ¿Vai facer puxante o sector primario iste alaricano que agora toma posesión?