ANACOS | O |

26 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A Deputación de Ourense vai entregar no vindeiro curso escolar un exemplar da obra máis senlleira de Eduardo Blanco Amor a tódolos estudiantes de ensino medio da provincia. Catro mil rapaces terán ó seu dispor A Esmorga, tal e como se acordara publicamente no cemiterio de San Francisco co gallo da homenaxe que lle tributara o PEN Clube de Galicia co gallo dos 25 anos do seu pasamento. Agora só resta saber en que lugar da cidade que Blanco Amor contribuiu coma ninguén a inmortalizar se instalará a escultura que honrará a súa memoria. Como a de Otero Pedrayo, Ferro Couselo, Risco e outras pezas, a de Blanco Amor pasará a formar parte dos futuros «roteiros» da cidade -el que xa ten o da propia novela-. Cando iso aconteza o escritor que tivo que loitar coma ninguén coa falta de medios e a incomprensión volverá a anotar unha nova victoria. As mesmas que foi gañando todos estes anos cando se lle adicou o Día das Letras ou cando a homenaxe do Pen Clube de Galicia. En moitos casos, victorias acadadas desde ese cadaleito sen memoria contra os que o censuraron en vida ou contra os que o marxinaron de forma sistemática. E a vinganza da historia.