DESDE O ORCELLÓN | O |
28 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.NO GRAN mito oral do Lebor Gabhála, mais coñecido como o libro das invasións de Irlanda, descubrimos como os celtas milesios de Galicia invadiron Irlanda e deixaron na illa certas tradicións que aínda hoxe se celebran tanto aquí como na vella Eirin. Este antigo libro foi feito por uns monxes irlandeses que deixaron escrito estas tradicións orais. Unha destas festas que hoxe se cristianizou, pero que se considera pagán, e a que coñecemos como o San Xoán que ten un gran arraigo ritual, así o mesmo tempo, os irlandeses celebran tamén a festividade de Beltain, que naceu dos nosos ancestros celtas e que facían pasar as súas vacas polo fogo ritual, para purificalas. Neste mesmo fogo purificador tamén hoxe aquí, pedimos tres desexos e como vedes estas homoxeneidades fannos descubrir a gran similitude entre as dúas culturas, e nas cales da comezo un novo ciclo solar que e o verán. E no verán veñen morea de galegos que residen en infinidade de cidades tanto de España coma no estranxeiro cheos de ledicia para pasar uns días de maxia e descanso. Postos a falar de maxia e ritual; imaxina que dous amigos que veñen de vacacións, atópanse en Benavente con dirección a Ourense, un deles vén de Francia e outro de Barcelona. Por sentido común os dous son ourensáns e aman a súa terra pero teñen unha enorme diferenza. Un deles non pode decidir o futuro da súa terra nai. E agora fágovos esta incógnita: ¿Cantos milleiros de ourensáns non poden decidir? Por iso nesta noite meiga so pedirei un desexo, a vella Beltaine.