DIARIO DE AURIA | O |

04 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O PASADO mércores, a falta de champions league, consolámonos con Zapatero. Zapatero é un Liverpol da política, un campeón. O seu efecto sobre a sociedade hispana é o mesmo que o de Benítez na patria dos Beatles. ZP ten moito de Beatle, de Ringo Star. Pausado, lentísimo, demagogo a gogó. Un esperaba, na súa inxenuidade, que o presidente falase das carencias desta provincia e da súa inmediata resolución. Pero o presidente falou do que xa sabemos: que caciquismo, que ilusión, que ganar, que cambio, que todos somos muy buenos. Eu esperaba algo máis. Que se pronunciase, por exemplo, sobre as polémicas suscitadas polo seu número un na provincia de Ourense: Pachi Vázquez. Porque se Vázquez fose do Pepé non se libraría dunha solemne ringleira de adxectivos e substantivos reivindicativos. Seguro que Zapatero citaría algunha destas palabras: xustiza, imputado, acoso, mulleres, hixiene política, falsidade... talvez as citou en Auria pero sen referirse a Vázquez. Desexo con fervor que o número un do Pesoe ourensán sexa inocente dos cargos que se lle imputan. Con fervor, con ansia. Porque de non ser así o Pesoe ourensán, e o goberno Zapatero, non estarán á altura nin de Auria nin do futuro. Non estarán á altura de vostede, cidadán.