ANACOS | O |

31 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

OURENSE tamén existe. Ademáis de ser ese lugar de paso cunha grande terra cha na Limia e as cimas do Paraño e Fontefría que sortean os leoneses cada vez que queren achegarse ó mar para tomar os baños e esquencerse dos seus problemas, Ourense tamén loita cada día por escribir a súa historia e por facerse escoitar alí donde se toman as decisións, sexa en Compostela, en Madrid ou en Estrasburgo. Os socialistas teñen hoxe unha oportunidade de ouro para facerlle ver a quen ten a capacidade de decisión no Estado e en Europa que a provincia tamén existe e ten dereitos, eses que históricamente lle veñen negando os partidos maioritarios en Madrid. Os mesmos partidos que Ferrín, irreductible ó desalento e de novo candidato pola FPG, califica de «franquicias» no caso galego por non poder decidir nada sen permiso de Ferraz e Génova. Zapatero chega a Ourense para apoiar a Touriño e Pachi Vázquez. Agardemos que ZP non sexa gafe, pois daquela podería ser que Pachi Vázquez -ZP foi a Francia para pedir o Sí á Constitución Europea e quebraron- acabase vendo como se resolven na súa contra os casos que ten pendentes coa xustiza, entre outros, polo trato discriminatorio a dúas traballadoras.