DENDE O ORCELLÓN | O |
19 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.NON É por preguiza, fuximos do noso país porque sabemos que aquí non hai futuro, dixeron moitos dos meus amigos, e eu díxenlle que estaban errados, que Ourense está a xermolar coma gromo aterecido, aínda que hoxe haxa fochancas o rexurdir está preto. Pero a realidade crúa e que ao final tiven que resignarme é deixar que eles marchasen fora do país, na percura dunha mellor vida, algúns volveron porque aman demasiado a súa terra, e outros veñen nos veráns en busca de esmorga, so quedan aqueles que endexamais volveran. Así é a fenda que cada vez se agranda máis, so podedes pararvos a ver como foxen tódolos domingos dende a estación de autobuses é do ferrocarril de Ourense miles de mozos de Celanova, Carballiño, Ribadavia, Trives, Maceda, Beariz... con destino laboral a Madrid, León, Cáceres, Bilbao, Sevilla... na busca dun soño que aquí non atopan. Namentres que os galegos de aquí estamos aferrados e sufrimos a falta desa mocidade, e se falta a mocidade falta país. Coma un fondal que nos aperta nunha illa que se afonde, será porque nesta provincia estamos acostumados a que os que gobernan sexan só os nosos pais. Teremos logo que recuar é emigrar como fixeron eles mesmos, nunha terra que fede a emigración. Por iso agora debemos sermos nos mesmos os que poñamos fin a este éxodo masivo (mais de 70.000 mozos cada ano vanse fora do noso país), e iso non conta nin nadie protesta, ata algúns políticos van en busca de votos na emigración (debería darlle vergoña), a verdade, e que cada vez penso que perderon os sensos, a eles gústalle espallar o noso futuro polo mundo adiante alí seguro que serán mellores que neste país apodrecido de caciques, así ciscando o seu talento so quedan as almas máis febles, os máis manipulables (votos sen ideais...ñam..ñam), como ben dicía Alfonso Daniel R.Castelao: En Galiza non se pide nada...Emígrase.