DIARIO DE AURIA | O |

30 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

NON podía ser doutro xeito. Se hai un chanchullo en España, nós temos que estar no medio. Xa me estrañaba a min que o asunto das autoescolas non tivera nada que ver con Ourense. Aquí, en la cosa del chanchullo, somos los más mejores. Trátese de oposicións, de listas electorais, de politiqueos, de politiquillos. Somos provincia principal, non me cabe a menor dúbida. Pero isto non debe ser o centro no que gravite a nosa identidade. O centro está en Coren, por exemplo, que é unha empresa de aquí, que traballa coa xente de aquí, que crea traballo, e futuro, e prosperidade. Todo partindo de Nós, do noso sector primario, das mans dos homes e mulleres que traballan arreo para saír adiante. Coren e un exemplo de dignidade empresarial. Pero é tamén un paradigma da outra cara de Ourense. A que non é portada de periódico polo chanchullo, senón polo esforzo e a intelixencia. Coren non é unha inmobiliaria, tan de moda en la cosa esa de la Ceo: esa axencia colocadora de políticos populares. Coren é un buque insignia. É o Ourense que queremos. O Ourense culto e próspero. O Ourense do que podemos presumir. Aquí. En España. No mundo. Ese Ourense é o que crea orgullo. Y lo demás, créanme, es Nada: bagatela. Yo soy de Coren. ¿Y tú?