DIARIO DE AURIA | O |

05 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

APRENDER a querernos, coidarnos, mimarnos, sentirnos. Temos o deber urxente de aprender a amarnos: con orgullo. Porque estou canso de ver sempre o lado escuro desta provincia encantada. Ás veces gusta mirar a cara oculta da lúa, a que non vemos a simple vista: aquela que cantaba Pink Floyd entre caricias de cubata. Porque en Ourense, cando nos poñemos, somos capaces de facer as cousas mellor que ninguén. Fíxense vostedes, por exemplo, en Xantar. Xantar é un lujazo para esta provincia. De Xantar copian os de fóra, mírana con lascivia gastronómica, con ganas de tragar a súa alma. Polas súas veas pasean e comen miles e miles de persoas cada ano, gozan, viven: porque a vida son dous días, corazón. Xantar merece aplausos e parabéns. E non me importa cantalo ben alto. Non me importa apuntarme ao carro dos que vencen (aínda que sexa unha soa vez). Estou canso de cantar sempre a mesma canción: perdimos, perdimos, perdimos otra vez (Les Luthiers) Presumo de ourensán e presumo desta feira inaudita e gloriosa, pensada e organizada por ourensáns. Lixeira. Grávida. Fermosa como ollos namorados. Plena de camaradería. anuncia cada ano a primavera e debe anunciar, digo, outras primaveras que nos agardan. Un lujo, repito.