CALPÚRNIA | O |
04 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.SUPOÑO que Xulio Rodríguez, arqueólogo do Museo Provincial, estará satisfeito coa inauguración o pasado xoves do conxunto de San Tomé. Proxecto no que tantas ilusións e esforzo intelectual ten depositado, e que dá súa calidade responde o feito de ser un dos proxectos seleccionados para a súa execución por unha institución do prestixio, e á que honra este tipo de apoios, como é a Fundación Barrié. Son numerosas as ocasións nas que temos escrito desde esta columna do facer das xentes vencelladas ao Museo Arqueolóxico e do servizo, case sempre desapercibido, que fan a esta cidade. Como tamén sucede cos arquivos e bibliotecas. Imprescindibeis para poder construír a cidade desde o respecto ás súas raigames, as mesmas que podemos albiscar en San Tomé. E facélo, como fixo o equipo dirixido por Xulio, buscando o real sen pretender debuxar un mundo virtual que, para moitos, vende máis. Supoño que na Consellaría de Cultura, estarán satisfeitos con este labor dos seus funcionarios. E é de agardar que a cidade tamén. Polo que a min respecta, parabens a Xulio.