DIARIO DE AURIA | O |
04 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.EL ERA dos nosos, aínda que non o creas. Libertario, namorado, algo golfo e pendenciero, medio triste e medio burlón, noctámbulo (no dormía el ingenioso hidalgo) e romántico antes de que inventasen o romanticismo. O Quijote era dos nosos. Por ese motivo, talvez, en Ourense hai unha sensibilidade especial para celebralo, sentilo, aproximalo ao noso colo casquivano. Era dos nosos. E o xoves estaba sentado nunha cadeira, mirándonos. Foi un acto especial: Ateneo de Ourense, organizado polos socialistas, a súa secretaría de cultura. Vibramos de emoción, de sensibilidade. Sentímonos máis libres, máis esperanzados, menos infelices. Solidarios, en varias linguas, pronunciando en silencio as palabras que nos definen como seres humanos: solidariedade, ilusión, estima profunda. O acto que organizou o Pesoe no Ateneo é un paradigma do que debemos facer nesta provincia: partir do propio para concelebrar o universal (se llame Quijote o libertad, amor, justicia). Eu sei que esa tarde Quijano estaba contento. Abrazounos, tamén, aquela noite sen lúa. El, coma nós, recitaba os versos do futuro: podrán quitarnos todo (el motor, la industria, la pasta). Pero qué demonios, nunca nos quitarán los sueños. Los sueños, corazón. Los sueños...