DIARIO DE AURIA | O |
26 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.MARCHA febreiro e nós collemos o pantalón curto da primavera, coa súa maquillaxe que nunca debes quitar, con su capuchino. Con su luz, sus pajaritos y sus canciones de amor con granos. Chega a primavera con chuvias (digo isto coa pericia proporcionada polo estudio de Climatoloxía, ciencia que cursamos no último curso de Xeografía). Chuvia a diestro y siniestro. Chuvia áxil como un soño. Esta noite, por exemplo, soñei que me queimaba na auga quente das Burgas. Que a auga quente das Burgas saía por todas as duchas de Ourense provincia. Tornábase vermella, morada, negra. A auga quente das Burgas mollaba o meu corazón como unha mazá de Adán e Eva, namorada por fin duns ollos cor mel azucena. Un soña por afición aos soños. Porque non queda máis remedio. Porque o