DENDE O ORCELLÓN
19 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.O AIRE aquí respirase limpísimo, como diría un dos meus coñecidos Bardos. E respírase limpísimo porque en Castromao pasou o tempo e as pedras ordenadas en ancestrais círculos seguen ancoradas a este cume. Aquí o ceo esta arrende, aínda que de costume non soe estar tan azul. E polo torreiro pódese ollar cara o sudoeste o emblemático Mosteiro de San Rosendo de Celanova, a vila que non e vella nin e nova. E o lonxe piñeiros e brañas xeadas. Non sei se ollastes que estes meses de morno inverno que os piñeiros como doentes penduran de seu, unhas candeas de tecido algodonado, onde aniñan miles de enxames de Procesionaria, ¡será que se queixan da falta de pingueiras enferruxadas! Xa tirando o leste ollo pasmado a torre de Vilanova dos Infantes, que tanta lenda contan de tempos de brétema e humidade, e detrás de min vexo os primeiros incendios forestais do ano, cousa rara xa que estamos en febreiro. E arde con destino, non e frouma nin palleta o lume que sae desa mesta negrura, pero o lonxe so miro nubes pétreas e inicuas como esvaran do ceo e non traen nin gota. Contaxiada desta seca tamén están as nosas benqueridas Burgas, ¿e será realidade que so flúe da faia auga fervendo do cano esquerdo?...¡coma se dun presaxio se tratase!... -E non chove...noutrora parecía que caian chuzos de punta, e agora levamos unha eternidade sen ollar as ansiadas pingueiras, con esta seca perdemos a nostalxia da choiva e tamén a súa morriña que nos peneira. Cecais botamos de menos as rúas molladas de Rosalía, ¿ou esquecemos a borraca da irmán Irlanda? Irlanda irmán como dicía Ramón Cabanillas no seu poema do 1921 na Editorial Nós: «Carne, sangue, osos celtas / Irlanda! Irlanda irmán / Ten unha estrela o noso ceo / E ten uns santos novos, noso altar / chegou o teu berro / os cons de Finisterre que baten o mar / e abreu o teu laio, salouco e ruxido / as vellas feridas do vello Breogán.