DIARIO DE AURIA | O |

12 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

ESTOU escoitando unha canción de Lluis Llach mentres escribo esta columna de domingo: «Quérote. Talvez con timidez. Talvez sen saber quererte». Estou escoitando unha canción de Lluis Llach e as nubes, de vodka, acarician os meus ollos de exceso, de noite, vasos, camaradas, gozo: «Pasarán os anos. Chegará o adeus. Pregúntome se encontrarei o xesto correcto e saberei acostumarme á túa ausencia. Pero iso será outra historia. Agora só quero agradecer todo o tempo que levo amándote». Estou escoitando a Lluis Llach mentres escribo do amor, antes de que san Valentín me conquiste, me destroce, me soliviante. Escoito a Llach porque creo que ninguén fala do amor como Llach. E sinto que estou manchando esta columna, que debera ser a columna de Lluis Llach, e non a miña. Unha columna que alguén recortará para regalar a outro alguén. Bicará os seus labios. Pronunciará as palabras máis fermosas que coñezo, que coñeces: Quérote, amor. E así terá sentido esta estupidez repetida que é san Valentín, santo que a mí no me mola. Pero talvez el sexa só unha escusa. Para que nos amemos. Esta provincia alicaída, este Ourense de soños rotos, esta Auria linda. Mañana, catorce de febrero, dicen que es el día del amor. Hoy, te lo juro, también.