TEMAS DO PAÍS | O |
29 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NA prensa do venres 21 afírmase que a Xunta envía a Santiago Camba a Bos Aires como delegado da Fundación Galicia Salud para potenciar o Centro Galego e tentar superar a crise que atravesa o hospital galego. Falso. Don Santiago Camba estivo en Bos Aires, nomeado polo governo do PP, como agregado laboral, posto ideal para exercer o máximo control sobre a votación por correo do censo de residentes ausentes que tantas veces ten sido denunciado como manipulado. Acontece que nas últimas eleicións xerais os resultados non favorecen ao PP senón ao PSOE. ¿Cal é a decisión do PSOE? Cesar a Santiago Camba e nomear a Miguel Cortizo como embaixador extraordinario para a emigración. Obxectivo: exercer o maior control posíbel sobre a votación por correo de censo de residentes ausentes. Pero aínda quedan cartas na baralla e o PP nomea a Santiago Camba para contrarrestar a incidencia do nomeamento de Cortizo. O asunto é asegurarse o poder de manipular os votos da emigración, que para iso o PP ten investido moitos cartos públicos en beneficio de intereses partidarios.