CALPURNIA | O |
20 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NESTES días nos que toda a solidaridade semella estar centrada cos danificados polo tsunami sería inxusto que pasara desapercibido o exemplo dos traballadores de Valeo en Porriño de renunciar a facer horas extraordinarias, para que esa carga de traballo sexa trasladada a Ourense. Iniciativa dos traballadores e do seu comité de empresa (maioritariamente nacionalista) que ven demostrar con feitos a falsedade das acusacións de insolidario que con tanta lixeireza se fan contra dos nacionalismos. Pois, non teñan dúbida, defendendo o ser nación non se nega a proxección universal. Máis ben é o contrario. Diranme que esta acción non trascende o ámbito nacional. Certo, mais ven pór de manifiesto cal é a filosofía que substenta a praxe dun sindicalismo que tendo Galiza como obxectivo non esquece o internacionalismo. Non teñan vostedes dúbida de que se os afectados de Valeo fosen asturianos, casteláns, portugueses ou arxelinos, a actitude destes traballadores sería a mesma. Agora só falta que a empresa tome nota e imite o exemplo dos seus traballadores.