DIARIO DE AURIA | O |
10 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.ESTA É unha columna de circunstancias, de urxencia, de todoacién. Unha columna rápida como o frío da noite, que mete xelo nas veas, e na alma. Esta columna sae antes das ceas de nadal que todas as empresas aurienses celebran con alborozo e cava catalán; unha columna, polo tanto, sen misterios nin segundas intencións. Escribo, como Curros Enríquez, observando as locomotoras do progreso que arriban e non arriban a Auria bonita. As locomotoras que non paran na nosa estación de tren. Destino melancolía. Nadal. Ceas de empresa na que se cruzan miradas como dardos de espuma. E ollos mirados nas fotocopiadoras, e mans mecanografando edictos, sentencias, decretos, resolucións, solucións, presupostos. A vida de empresa é unha vida máis ben triste. Por ese motivo é preciso aproveitar estas ceas de circunstancias, como esta columna. Confesar que a productividade aumentará en 2005, que aumentará a nómina de soños, que chegará o ascenso que nunca chegou, que a muchacha de ollos cruzados sobre a fotocopiadora gardas poemas de amor, que o viño dos labios é o viño do corazón: ese que perdura máis que as lágrimas. Alegría, Ourense. Qué carano, es navidad. Y por las aceras las muñecas de Famosa cantan, ríen, susurran. Ay... la vida.