ANACOS | O |

23 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O CONGRESO galego do Partido Popular vai ter nomes propios de referencia e semella que moitos deles van ser ourensanos. José Luis Baltar aparece entre os que pasarán á historia do partido en Galicia como un dos vencedores desta xuntanza, o home que lle montou a revolta a Manuel Fraga e que conseguiu, entre outras cousas, incrementar o poder e a presenza dos seus homes de confianza na nova executiva. Entre os que ven reforzado o seu papel está un dos afíns aos críticos ourensáns: o deputado autonómico Roberto Castro. No apartado dos vencidos sobresae Inmaculada Rodríguez polo propio papel asumido pola vicepresidenta do Parlamento de Galicia. A crise necesitaba ter consecuencias e a número un das pasadas autonómicas fixo méritos para levarse o premio de ser a cabeza visible dos derrotados -que por saber aínda o papel xogado por aqueles que animaron a determinados cargos ou militantes a posicionarse contra Baltar-. A gran incógnita agora está en Ourense e en saber se alguien é capaz de canalizar a oposición a Baltar dentro do partido.